Novos emprendedores AN
Esta moza riveirense, Olalla Guimarey García explicanos de primeira man cal foi o seu impulso para emprender Casiopea Centro de Terapias.
- Cal foi a túa motivación para emprender este tipo de negocio?
Casiopea é o meu sono cumprido e a miña vocación. Cando era pequena quería ser “ciruxana risa” e logo encamiñei a miña formación nesa dirección. Son Psicóloga clínica, Master en Medicina Natural con ampla formación en terapias alternativas, meditación terapia de xogo entre outros. Sempre quixen ter o meu propio centro de terapias e tiña moi claro como quería facelo, cando, onde, para quen e para que. Casio non se parece a ningún outro centro ten unha forma de sentir e de traballar diferente; pretende ser un lugar cálido e aberto onde desenvolver e crecer por dentro sobre todo a nivel emocional.
- Qué servizos ou produtos ofreces á cidadanía?
A actividade principal de Casiopea e a pedra angular do seu funcionamento é a Psicoloxía, entendida dende unha perspectiva global e holística. Para calquer tipo de persoa e en calquera situación. Inténtase romper co pensamento de que un vai ao psicólogo cando está mal, avogamos máis pola prevención e desenvolvemento persoal.
O segunto punto forte é a Menciña natural axudando ao corpo a recuperar o seu estado de saúde de forma natural e en armonía cos seus propios ritmos e procesos biolóxicos baixo o principio de “primun non nocere”, é dicir preténdese unha meciña curativa, paliativa ou preventiva.
Os nenos teñen un especial apartado, aquí entendemos que é o adulto quen debe sumerxirse no mundo do neno e non ó revés.
Abordamos dentro do plano físico: pilates, masaxe, osteopatía, acupuntura, meditacións dinámicas, liberación emocional a través da danza.
Ofrecemos xornadas e cursos sobre saúde, nutrición, terapias innovadoras, clases de ioga, de suelo pélvico entre moitas outras actividades.
Visitade a web http://www.centrocasiopea.com/ e atoparedes toda a información.
Datos da empresa
Sede social: C/ Barreiro Nº5 Palmeira-Riveira
Email: info@centrocasiopea.com
Web: http://www.centrocasiopea.com/
Deixar unha resposta