ITE Arousa

ITEInteresante a actividade a desta nova empresa ITE AROUSA.

O seu representante  Carlos Henrique Fernández Coto explícanolo na seguinte entrevista:

­    -Cal foi a túa motivación para emprender este tipo de negocio?

A inspección periódica dos edificios e vivendas, igual que sucede cos automóbiles, acredita que reúne as condicións básicas de habitabilidade, seguridade e salubridade, o que é unha garantía para os seus propietarios e para os cidadáns en xeral.

Pero nos tempos que vivimos, o sistema de inspección técnica tamén fai mover o mercado da microconstrución, que é o sector máis xeralizado da nosa comarca: pequenos construtores ou mesmo autónomos poden ter traballo continuado para dar cumprimento aos defectos detectados nas inspeccións realizadas polos especialistas.

Implantar o servizo de inspección periódica das vivendas e edificios non é soamente un medio para activar o sector da construción ou dar garantías aos propietarios dos inmobles, dende o mes de xullo de este ano tamén é obrigatorio por Real Decreto Lei, polo que todos os propietarios de edificios ou casas construídas antes do ano 1962 están obrigados a ter a inspección realizada nos concellos con máis de 25.000 habitantes, e isto pódelle ser esixido no futuro pola propia compañía de seguros, polo notario ou polas entidades bancarias.

Así é como nace a idea de ITE AROUSA, para levar a cabo o Servizo de Inspección Técnica de Edificios e vivendas en Ribeira e Vilagarcía de Arousa.

­  – Que servizos ou produtos ofreces á cidadanía?

ITE AROUSA pon a disposición da cidadanía de un equipo profesional composto por Arquitectos e Enxeñeiros expertos na inspección técnica dos edificios e vivendas. Tamén pon este equipo á disposición do Concello para botar a andar o Servizo Municipal de Inspección Técnica.

Visita www.itearousa.es

Calquera cidadán que sexa propietario de unha vivenda de máis de 50 anos, ou calquera Presidente de Comunidade, ou Administrador de Fincas pódese poñer en contacto con ITE AROUSA para que procedamos a realizarlle a súa inspección técnica.

A inspección consiste na revisión básica de certos elementos da construción: fachadas, tellado, instalacións, para comprobar que non hai riscos importantes.

Con independencia de que reciba ou non unha carta do Concello para informarlle da súa obriga, todo propietario debe saber que é responsable das consecuencias de calquera accidente que podan sufrir os habitantes ou os transeúntes pola falla de mantemento e inspección.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Úneche a outros 2.187 subscritores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 274.820 visitas
Calendario empreg@
Marzo 2023
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
A %d blogueros les gusta esto: