
Para aqueles que teñades nenos, prestade atención a entrevista de Margarita Pérez Davila, promotora da empresa LEILÍA INFANTIL.
- Cal foi a túa motivación para emprender este tipo de negocio?
A Idea de Leilía Infantil naceu porque un dos emprendedores traballara no gremio dos monitores de tempo libre e se decatou das necesidades das familias con respecto ós cativos. Debido a alta natalidade existente no concello de Boiro e que a oferta de servicios á infancia se estaba quedando insuficiente foi o espaldarazo que necesitamos para dar forma a esta ludoteca.
- Qué servizos ou produtos ofreces á cidadanía?
Levamos a cabo actividades diferentes, onde se combinan os servicios de gardería cos de ludoteca pensando sempre en aplicar os seguintes obxectivos:
- Educar os nenos con diversión na igualdade, solidariedade e creatividade
- Dar un servicio aos pais/nais para poder conciliar a vida laboral coa familiar.
- O neno/a será o/a principal protagonista do centro intentando satisfacer as súas necesidades físicas, afectivas e sociais.
Entre os servicios que realizamos destacamos: ludotecas deportivas, de inglés, de teatro de marionetas, contacontos; saídas recreativas; xogos cooperativos; servicio de comedor; monitores para coidado e recollida de nenos da escola á casa ou actividades extraescolares.
Datos da empresa
Sede social: Avenida de Barraña nº 17 Boiro
Email: info@xarelo.net
Facebook: http://es-la.facebook.com/leilia.infantil
Deixar unha resposta