
Entrevista a Ramón García Sánchez socio da empresa RSBIKE.
1. Cal foi a túa motivación para emprender ese tipo de negocio?
A idea de emprender xurdiu da nosa afección pola bicicleta e observamos que o ciclismo se estaba convertendo nun deporte moi demandado na comarca. De aí que o consideramos unha boa oportunidade de negocio.
Ademais o traballo por conta propia permítenos que todo o esforzo dedicado a esa actividade repercuta directamente en nos mesmos.
2. Que servizos ou produtos ofreces á cidadanía?
Ademais da propia venta de bicicletas e de accesorios para ciclistas, dedicámonos a restauración de bicicletas, ao lavado das mesmas e ademais contamos cun espazo exclusivo para que os nosos clientes poidan reparar as súas bicicletas por un módico prezo de aluguer.
Diferenciámonos doutras tendas en que as marcas coas que traballamos son exclusivas da nosa tenda na zona do Barbanza.
Datos da empresa:
Sede social: C/ Cimadevila 81 BJ Boiro
Email: rsbikes@hotmail.es
Deixar unha resposta