Ofertas de emprego público

 

 

 

Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres técnicos/as para a atención das oficinas municipais de información turística de Ribeira.

Convocatoria

Titulacións requeridas:

Técnico superior en información e comercialización turística, técnico superior en guía, información e asistencia turística, técnico en empresas e actividades turísticas, que se deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente. Tamén serán admitidos os diplomados ou licenciados en turismo.

O sistema de selección:

É o de OPOSICIÓN LIBRE, que consistirá na realización dos seguintes exercicios:

Primeiro exercicio: proba de avaliación de coñecementos.–De carácter obrigatorio, consistente en contestar por escrito, no tempo máximo dunha hora, un cuestionario de cincuenta (50) preguntas tipo test, relativas á historia de Riveira e a súa Comarca, á realidade física e xeográfica do termo municipal e aos recursos patrimoniais e turísticos que posúe.

Este exercicio é eliminatorio, e valorarase ata o máximo de 10 puntos (a razón de 0,2 puntos cada resposta correcta), sendo excluídos os participantes que non acaden o mínimo de 6 puntos (30 respostas correctas).

Segundo exercicio: proba de coñecemento do idioma inglés.–De carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na realización dunha proba oral sobre o coñecemento do idioma inglés mediante unha conversa de cada aspirante con membros do Tribunal Cualificador ou os expertos que este determine e que terá unha duración máxima de dez (10) minutos. Este exercicio será cualificado entre 0 (cero) e 10 (dez) puntos.

Tipo de contrato:

Os contratos formalizaranse baixo a modalidade de duración determinada, por obra ou servizo determinado, a tempo parcial (30 horas semanais), en horario que se distribuirá segundo as necesidades e organización do servizo, en quendas de mañá, ou de tarde, tódolos días da semana, cos descansos que regulamentariamente correspondan.

Bolsa de emprego:

A lista complementaria de reserva prevista na Base 8.ª constituirase nunha bolsa de emprego, á que se acudirá para o caso de que algunha das prazas contratadas ó abeiro desta convocatoria quedase definitivamente vacante por algunha circunstancia ou para realizar algunha substitución temporal con reserva de praza (referida a estas prazas).

Os/as aspirantes que resultasen nomeados no proceso regulado nestas bases, unha vez rematada a duración dos contratos laborais ao que estas se refiren, pasarán a formar parte desta bolsa na orde que lle corresponda póla súa puntuación.

Prazo: 10 días naturais ( publicado o 21 de abril no BOP)

 

117 prazas no corpo de profesores de ensino secundario mediante o sistema de concurso-oposición

Convocatoria

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria convoca procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia.

Solicitudes: deberán efectuarse pola internet a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no seguinte enderezo http://www.edu.xunta.es/oposicions, e deberá imprimirse a instancia que se presentará, xunto coa documentación acreditativa, nalgún dos lugares previsto no punto 3.5. desta convocatoria.

Na instancia consignaranse os códigos do corpo e disciplinas que figuran nas bases desta convocatoria.

Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade. Non obstante, a presentación de máis dunha solicitude non garante que o persoal aspirante poida asistir ao acto de presentación e/ou á realización das probas de máis dunha especialidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ( foi publicado o 26 de marzo, remataría o 15 de abril).

 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Úneche a outros 2.187 subscritores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 274.820 visitas
Calendario empreg@
Marzo 2023
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • Jefe/a de Cocina Hotel 4* Santiago de Compostela 9 Marzo, 2023
  • Responsable Jurídico Laboral 20 Marzo, 2023
  • NUTRICIONISTA 20 Marzo, 2023
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
A %d blogueros les gusta esto: