A área de emprego da mancomunidade está composta por 2 servizos:
1. AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL (AEDL)
O servizo comarcal de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte existe dende xaneiro de 2011, e está composto por unha traballadora da comarca. Este servizo nace co obxectivo de facilitar e impulsar actividades xeradoras de emprego, contribuíndo desta maneira no desenvolvemento socioeconómico do territorio dos catro concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Riveira e Rianxo.
Funcións
Investigación: analizar os recursos locais para o seu aproveitamento en proxectos empresariais. Identificar novas actividades económicas, posibles emprendedores e detectar necesidades formativas e educativas da poboación desempregada.
Información: acerca de subvencións vixentes , prestando apoio na súa xestión e tramitación.
Acompañamento: apoio sobre a viabilidade técnica, económica e financeira; e en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.
Asistencia Técnica: orientar, guiar, asesorar o emprendedor no inicio do seu proxecto empresarial
Traballo en Rede co resto dos Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local que traballan na comarca, na mellora continua do servizo, intercambiando experiencias e coñecementos, así como desenvolvemento de actividades e proxectos conxuntos.
Pautas de Actuación:
- Detección de necesidade e recursos da Mancomunidade de municipios Arousa Norte.
- Orientación a desempregados.
- Acompañamento a pequenas empresas.
- Atención a calquera persoa interesada no desenvolvemento socioeconómico da Comarca do Barbanza.
“Na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local encontrarán asesoramento e información os desempregados, emprendedores, empresarios e traballadores, de forma que se impulsen actividades xeradores de emprego e actividades económica no territorio de Arousa Norte”
2. OFICINA DE COOPERATIVISMO.
No mes de agosto deste ano nace a Oficina de Cooperativismo na Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte co fin de promover e fomentar o cooperativismo na comarca.
Funcións:
Formación, información e sensibilización sobre o cooperativismo: divulgación dos valores cooperativos as e as súas potencializades, especialmente nos colectivos de mozos/as e desempregados/as.
Apoio a emprendedores: dar un soporte específico a tódalas ideas e iniciativas de economía social, así como a aqueles proxectos que, atopándose na fase inicial da actividade, requiran de formación específica.
Asesoría e acompañamento de proxectos: aproveitando recursos da mocidade e das súas habilidades innatas e adquiridas e capacidade de innovación e transformación, orientándoos de cara a proxectos empresariais de réxime cooperativo.
Elaboración de plans empresarias: facilitar a posta en marcha de proxectos cooperativos mediante o apoio técnico e análises de viabilidade, de mercado e financieiras.
Seguimento e titoración: para os proxectos cooperativos en xestación.
Accións:
- Detectar posibles nichos de emprego dentro da comarca nos que promocionar o cooperativismo.
- Informar e sensibilizar á sociedade sobre as vantaxes e principios do cooperativismo e a economía social.
- Fomentar o acceso da muller no mundo cooperativista.
- Outorgar a formación e información necesaria para proxectos emprendedores e para cooperativas xa existentes na comarca.
- Promover os novos proxectos cooperativistas dende o seu inicio ata a súa estabilización, prestándolles o asesoramento laboral e técnico necesarios.
Como contactar cos servizos:
- Visitar a súa oficina na Sede da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte
Dirección: Praza de Galicia, s/ n C.P 15930 Boiro, 2º andar do Concello de Boiro.
- Realizar una consulta telefonicamente ou por correo electrónico
Tlf: 981 845 236 emprego@arousa-norte.es cooperativismo@arousa-norte.es