subvencións

 

 

Axudas para realizar “Campus científicos de Verán” para alumnos de Ensino Secundario Obrigatorio ou primeiro curso de Bacharelato, na especialidade de Ciencias e Tecnoloxía, 960 prazas para cada caso.

Convocatoria BOE núm 79, 1 abril 2014

 

Os Campus terán lugar do 29 de xuño ao 26 de xullo de 2014, en catro quendas de 7 días:

– Primeira quenda de estudantes de 1. º de Bacharelato: do 29 de xuño ao 5 de xullo.
– Segunda quenda de estudantes de 1. º de Bacharelato: do 6 ao 12 de xullo.
– Primeira quenda de estudantes de 4. º de ESO: do 13 ao 19 de xullo.
– Segunda quenda de estudantes de 4. º de ESO: do 20 ao 26 de xullo.
Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional (CEI) ou Rexional (CER), nas seguintes universidades:
Universidade Autónoma de Madrid, Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Castela-A Mancha, Universidade de Extremadura, Universidade de Granada, Universidade de Las Palmas de Gran Canaria, Universidade de Huelva, Universidade de Murcia, Universidade de Oviedo, Universidade Politécnica de Cataluña, Universidade Rovira i Virgili, Universidade de Salamanca, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Sevilla, Universidade de Valencia e Universidade de Vigo.

Requisitos necesarios para poder participar nos Campus:
a) Estar a cursar, no ano académico 2013-2014, ensinanzas de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou primeiro curso de Bacharelato da especialidade de Ciencias e Tecnoloxía, do sistema educativo español.
b) Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 1996.
c) Non ter sido adxudicatario dunha axuda, despois de participar nun proxecto, en edicións anteriores do Programa Campus Científico de Verán.
d) Ter obtido unha nota media no curso escolar 2012-2013 igual ou superior a 7,50 puntos.
e) Estar situado nun lugar de orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das axudas convocadas, tal e como consta no artigo 7 das presentes bases.

Os alumnos que obteñan praza, deberán aboar a cantidade de 80 euros, en concepto de matriculación.

Prazo de presentación: 20 días hábiles  (ata o 26 de abril).

—————————————————————————————————————————————————————–

Axudas complementarias ao Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia

Convocatoria (DOG nº64, 2 abril 2014)

Requisitos:

a) Ser cidadán da Comunidade Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado español.

b) Estar matriculado no curso 2013/14 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores nesta comunidade autónoma.

c) Ter obtido unha bolsa Erasmus de mobilidade por estudos no curso 2013/14.

d) Que a duración mínima da estadía, para os efectos de concesión de bolsa, sexa de tres meses, e a máxima, de nove meses.

e) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

Contía:

– Un trimestre: 240 euros.

– Un semestre: 480 euros.

– Curso completo: 720 euros.

 

Prazo: 1 mes

 

 

 

Axudas destinadas a estudantes universitarios que por causas sobrevenidas teñan dificultades para continuar os estudos.

Convocatoria ( DOG nº 64 , 6 de abril 2013)

Requisitos:

a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal, desemprego do sustentador principal, enfermidade grave, violencia doméstica, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non recollidas que sendo xustificadas repercutan na situación socioeconómica familiar).

b) Que a situación sobrevida ou imprevista acontecese durante o actual curso académico 2013/14.

c) Estar matriculado, no curso académico 2013/14, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia.

d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2014 é dicir 5.122,60 euros (426,88 euros mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).

e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Prazo de presentación das solicitudes:

– Se a causa sobrevida ou imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

– Se a causa sobrevida ou imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitude será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data limite para a presentación das solicitudes o 1 de setembro de 2014.

 

Contía:

Limiares de renda Contía da axuda
Ata 3.600 € 2.500 euros
De 3.601 € a 4.100 € 2.000 euros
De 4.101 € a 4.600 € 1.500 euros
De 4.601 € a 5.122,60 € 1.250 euros

Prazo de presentación das solicitudes:

– Se a causa sobrevida ou imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

– Se a causa sobrevida ou imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitude será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data limite para a presentación das solicitudes o 1 de setembro de 2014.

 

Axudas na promoción do cooperativismo e fomento do emprego en empresas de economía social

Convocatoria

Obxecto: Promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social e apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación destipo de empresas a través de cinco programas.

Programa I- Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais

Programa II – Fomento do acceso á condición de persoa socia traballadora

Programa III- Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica

Programa IV- Promoción de cooperativas xuvenís

Programa V- Intercooperación e integración cooperativa

Prazo de presentación: ata o 7/04/2014.

Axudas para a mellora das competencias en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Convocatoria

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2014

As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria

O custo total de cada actividade inclúe:

• Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.

• Os gastos de docencia e o material escolar.

• As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.

• Os gastos de mantenza e aloxamento.

• O certificado de realización da actividade.

• O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Requisitos:

 

a) Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria; 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2013/14, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2012/13.

c) Ter acadado no curso 2012/13 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, na área ou materia de lingua inglesa.

d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

e) Non estar incursos nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de DNI, farase constar, como DNI identificativo, o DNI do pai ou da nai.

 

Prazo: un mes, DOGA 27 de marzo.

Axudas para emigrantes galegos

Convocatoria

-Obxecto: programa de axudas económicas individuais e de carácter extraordinario, non periódico e social para o ano 2014 en réxime de concorrencia non competitiva, dirixido aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes nos países do estranxeiro establecidos no artigo 3.2 desta resolución, que se encontren en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.

-Beneficiarios:

1. Os emigrantes galegos e os seus fillos maiores de 18 anos que posúan a condición de galegos residentes no exterior, de acordo co establecido no parágrafo seguinte deste punto, e que o acrediten segundo o establecido no artigo 14 desta resolución.

Para os efectos da presente convocatoria terán a condición de galegos residentes no exterior aqueles emigrantes que teñan nacido en Galicia ou ben acrediten ter residido en Galicia de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española, así como tamén os seus fillos maiores de dezaoito anos que teñan nacionalidade española e que se encontren vinculados con calquera concello galego no censo electoral de residentes no exterior.

2. Os netos de emigrantes galegos, maiores de 18 anos, que teñan a condición de galegos residentes no exterior, que teñan nacionalidade española, que se encontren vinculados con calquera concello galego no censo electoral de residentes no exterior e que acrediten un ano de residencia continuada en Galicia.

3. No caso de falecemento das persoas indicadas nos números 1 e 2, poderán ser beneficiarios por unha única vez das axudas previstas no artigo 5 desta resolución o seu cónxuxe viúvo, os fillos, a parella de feito ou relación análoga, sempre que non transcorresen máis de quince meses desde o falecemento.

4. Os fillos e netos de emigrantes galegos deberán ter a vinculación con Galicia, cando menos, cun ano de antigüidade.

-Requisitos xerais dos solicitantes:

1. Acreditar a condición de beneficiarios de acordo co que se dispón no artigo 2 desta resolución.

2. Residir nun país do estranxeiro en que o Estado español teña fixada unha base de cálculo para a prestación económica por ancianidade no ano anterior ao da convocatoria.

3. Carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes.

-Contía das axudas: para os beneficiarios de países que teñan asinados convenios en materia de seguridade social co Estado español estará limitada cunha cota inferior de 350 € e unha cota superior de 800 €. Non obstante, se o número de solicitudes admitidas fose tal que a contía individual por axuda resultase inferior a 350 €, denegaríanse aquelas solicitudes correspondentes ás persoas de menor idade ata acadar o dito mínimo de 350 €.

Para os beneficiarios dos países que non teñan asinados convenios en materia de seguridade social co Estado español, a contía da axuda estará limitada cunha cota inferior de 150 € e unha cota superior de 400 €. Non obstante, se o número de solicitudes admitidas fose tal que a contía individual por axuda resultase inferior a 150 €, denegaríanse aquelas solicitudes correspondentes ás persoas de menor idade que solicitasen a axuda polo suposto do artigo 4 desta resolución (axudas por encontrase a unidade familiar en situación de precariedade), ata acadar o dito mínimo de 150 €.

Prazo: ata o 1 de abril.

Subvencións para apertura de comercios

Orde do 27 de decembro de 2013 (DOG Nº 23 do 04/02/2014) – Bases e convocatoria 2014

Actuacións subvencionables :

1) Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 m². Non será de aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1. Esta actuación será subvencionable na superficie comercial dedicada á venda.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 12.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

2) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda. Quedan excluídos neste punto, os equipamentos informáticos, impresoras, televisións, monitores, sistemas de alarma ou similares.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

3) Investimentos en tecnoloxías da información e da comunicación: terminais de punto de venda (TPV integrado), paquetes de software de xestión comercial e páxinas web comerciais.

As páxinas web deberán dispor de navegación por menús e conter como mínimo páxinas de presentación da empresa, detalle da actividade comercial realizada, localización do establecemento comercial, contacto e información dos produtos que oferta.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 2.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

4. Non serán subvencionables os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.

5. En ningún caso os solicitantes poderán superar polo conxunto de subvencións a que concorran o límite máximo de investimento subvencionable de 20.000 euros, IVE excluído.

Prazo de presentación: ata o 30 xuño.

Amplo resume do IGAPE

 


Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Introduce tu dirección de correo electrónico para seguir este Blog y recibir las notificaciones de las nuevas publicaciones en tu buzón de correo electrónico.

Úneche a outros 2.187 subscritores


Contacto e Redes Sociais

Estadística empreg@
  • 274.820 visitas
Calendario empreg@
Marzo 2023
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
A %d blogueros les gusta esto: