
Os obxectivos deste programa son incrementar as posibilidades laborais de mozas e mozos galegos desempregados; posibilitar o coñecemento do mundo laboral en diferentes países estranxeiros mediante o desenvolvemento de tarefas profesionais en empresas no país de destino; proporcionar a iniciación e/ou perfeccionamento das habilidades lingüísticas do idioma do país de destino; e impulsar o desenvolvemento de habilidades persoais de autonomía.
Prazas:
- Ausburg (Alemaña): 10
- Praga (República Checa): 10
- Budapest (Hungría): 10
- Varsovia (Polonia): 10
- Cork (Irlanda): 6
- Amsterdam (Holanda): 4
Sectores:
- Hostalería
- Turismo
- Comercio
- Servizos á comunidade (atención á terceira idade e discapacidade)
- Administración
Destinatarios:
O programa está destinado a mozos e mozas galegas con idades comprendidas entre 18 e 30 anos
- Alemaña: sen formación académica e en situación de desemprego laboral superior a seis meses.
- República Checa, Hungría, Polonia, Irlanda e Holanda: titulación universitaria ou ciclo superior de formación profesional, dando prioridade aos interesados con titulación equivalente ou inferior a ciclo medio de formación profesional
O prazo de inscrición estará aberto dende o 5 de outubro ata o 14 de outubro ás 24:00 horas. Os interesados deberán remitir a documentación ó correo electrónico galeuropa@xunta.es
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non desexado, precisas activar o JavaScript para veloo formulario e o curriculum vitae cubertos que figuran a continuación
Cobertura:
- Alemaña:
- empresa de acollida
- curso de preparación lingüística cultural
- aloxamento
- manutención
- viaxe de ida e volta
- seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima
- titorización personalizada durante toda a estadía.
- República Checa, Hungría, Polonia, Irlanda e Holanda:
- empresa de acollida
- curso de preparación lingüística cultural
- aloxamento
- axuda de 150 euros para a manutención
- axuda de 250 euros para a viaxe de ida e volta
- seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima
- titorización personalizada durante toda a estadía.
Deixar unha resposta