Esta fin de semana, a sociedade cooperativa galega Xesforesta comezará a impartir as súas Xornadas de cooperativismo no sector forestal.
A Oficina de fomento cooperativo tamén aproveitará para facer unha presentación da oficina e dos servizos gratuítos que ofrece para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis o cooperativismo ou estean vinculadas a el.
Se tedes interese en coñecer os recursos que nos brinda o noso monte e credes no cooperativismo como unha oportunidade no eido forestal, non deixedes de inscribirvos nestas xornadas:
-17 de novembro, de 10 a 14 horas, en Porto do Son.
-24 de novembro, de 10 a 14 horas, en Dodro.
-30 de novembro, de 17 a 21 horas, en Boiro.
Deixar unha resposta