REDE XIANA2
O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo
Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en diminuír os niveis de
desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas
desempregadas e o apoio ao autoemprego.
O proxecto inclúe un programa formativo que combina formación teórica con experiencia laboral en entidades e empresas da provincia de sectores económicos relacionados coa formación impartida.
Ademais ofrece orientación laboral para a inserción das persoas
desempregadas e apoio na procura activa de emprego a través da titorización
e seguimento persoal permanente. Este acompañamento persoalizado
canalízase tamén a través do asesoramento especializado a persoas
emprendedoras para a posta en marcha da súa idea empresarial.
Poderán acceder ao proceso de selección para participar no proxecto, as
persoas desempregadas que estean empadroadas no concello e que cumpran
os requisitos de acceso.
As áreas formativas ás que poderán optar serán as correspondentes a:
– Obradoiros de empregabilidade
– Habilidades sociais e comunicativas
– Alfabetización informática: Internet
– Responsabilidade social
– Procura de emprego e novas tecnoloxías
– Apoio á preparación para as probas de competencias clave
– Igualdade
– Novas tecnoloxías da información e comunicación
– Sensibilización ambiental
– Medio ambiente na agricultura
– Prevención de riscos laborais
– Manipulación de alimentos
– Condución económica e eficiente
– Conselleiro de seguridade
– Xerente de empresas de economía social
– Creación e xestión de empresas: autoemprego
Estas accións se desenvolverán nos concellos de A Pobra, Rianxo, Ribeira, Boiro, Porto do Son, Dodro, Padrón e Rois.
As persoas interesadas en recibir máis información poderán dirixirse á área
de EMPREGO de cada concello.
O prazo para inscribirse nas anteditas accións formativas estará aberto ata o día 03/05/2013, data na que terán que ter completa e presentada toda a documentación que corresponda.
Máis información en www.redexiana2.eu
Deixar unha resposta