135 Bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas
Finalidade: formar a titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa
Requisitos:
Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias na data en que
finaliza o prazo de presentación de solicitudes: Física, Enxeñaría, Matemáticas, Química, Ciencias Económicas e Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Empresariais, Economía e Dereito. A titulación deberá terse obtido con posterioridade á data indicada na resolución de convocatoria.
Condicións:
As bolsas estarán dotadas cunha cantidade base anual de 9.960 euros brutos por bolsa.
A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de 12 meses, contados desde a asignación do bolseiro ao seu destino, podendo ser prorrogada polo Igape por un período máximo de ata catro meses adicionais. As prórrogas das bolsas poderanse conceder, mediante resolución motivada, en función da necesidade de finalizar unha parte do programa formativo que xa comezase ou estea a piques de comezar
Presentación telemática.
Os bolseiros, unha vez rematada unha formación teórica previa, completarán o seu
programa formativo baixo a tutela de empresas de consultoría, clúster ou entidades asociativas de carácter empresarial ou profesional, que rematarán a súa formación práctica mediante a participación en tres ou catro prácticas formativas relacionadas con pemes distintas durante un ano de duración da súa bolsa. Deste xeito, acádase unha experiencia máis rica que coa presenza continua nunha mesma peme, e ábrense oportunidades de incorporación ao mercado laboral.
Solicitudes:
Presentación telemática.
Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda,
os interesados deberán cubrir previamente un formulario a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
O prazo remata o 31 de outubro
Deixar unha resposta