O Diario Oficial de Galicia publica no día de hoxe a Resolución pola que se convoca o IV Curso superior de formación do técnico/a na Administración Local.
A Escola Galega de Administración Pública, a Dirección Xeral de Administración Local, a Federación Galega de Municipios e Provincias e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia organizan o presente curso coa intención de favorecer a formación específica dos técnicos da Administración local, nas materias propias deste ámbito de traballo.
O curso tamén está dirixido a profesionais que dispoñan do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
Prazo: 20 días
Deixar unha resposta